Thursday 09 de May de 2024

Inés Rey coordina o operativo para os vindeiros días con Benestar Social e os corpos de seguridade locais


 

A alcaldesa reuniuse esta mañá coas e cos responsables da Policía Local, Protección Civil e mais de Bombeiros para revisar as accións que se desenvolverán na próxima semana de cara a melloralas e darlles unha mellor cobertura ás necesidades da cidadanía

A alcaldesa, Inés Rey, planificou esta mañá xunto coa
concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, a coordinación para as próximas semanas dos
distintos corpos de seguridade locais co fin de conseguir unha maior eficiencia nos seus
traballos e darlles así unha mellor cobertura ás necesidades da cidadanía neste
confinamento.
A rexedora estableceu o operativo da Policía Local no cuartel de Orillamar, así como os de
Protección Civil e de Bombeiros nas súas respectivas bases para revisar punto por punto a
forma en que se están resolvendo as situacións derivadas da crise e como se poden acadar
resultados máis óptimos.
Deste xeito, recolleu as propostas dos colectivos que están na rúa e aos que lles agradeceu
o inmenso esforzo que están a realizar a diario para que a cidade estea controlada. Neste
aspecto, explicoulles ás e aos profesionais os obxectivos para os próximos días de cara amanter esa seguridade. Ademais, o operativo inclúe a repartición de novos equipos de
protección para as persoas que máis expostas están ao virus neste confinamento.
Por outra banda, a Policía Local intensificará durante a xornada de hoxe os controis na
saída da cidade para evitar que a cidadanía incumpra a normativa decretada polo Estado e
non acuda a segundas residencias durante o período da Semana Santa.